Thursday 16 de May de 2024

Esta fin de semana, IV Trofeo San Roque e IV Trofeo Concello de Ordes


 

A cuarta edición de ambas competicións celebrarase nas instalacións de Vista Alegre en horario de tarde. En total participarán oito equipos locais

Esta fin de semana os afeccionados ao fútbol teñen dúas citas inescusables en Ordes. Trátase do IV Trofeo San Roque e o IV Trofeo Concello de Ordes, os cales se celebrarán nas instalacións deportivas de Vista Alegre o sábado e o domingo, 10 e 11 de agosto, respectivamente.

A hora de inicio dos partidos do Trofeo San Roque está posta para as 16.30 horas. Neste caso os equipos participantes son: Veteráns Ordes, Poulo C.F. Veteráns, S.D.C. Órdenes Veteráns, Mesón do Vento C.F. Veteráns e Teke Teke C.F. Veteráns. Por outra banda os encontros do Trofeo Concello de Ordes comezarán ás 18 horas entre as aliñacións da S.D.C. Órdenes, S.D. Santa Cruz de Montaos e a A.D. Vila de Ordes. En ambos casos os equipos son todos locais.
Ditos trofeos están organizados polo Departamento de Deportes do Concello de Ordes.